Friday 26 de April de 2024

O Concello de Lousame organiza unha dobre cita cos Reis Magos: Recepción o xoves na Casa da Cultura e Festival de Reis o sábado


O Concello de Lousame organiza unha cita dobre cos Reis Magos para a cativada do municipio, que terán lugar na mañá do xoves 5 de xaneiro na Casa da Cultura e na tarde do sábado 7 de xaneiro no polideportivo municipal da Silva. Dúas actividades de acceso gratuíto, se ben é preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com.

A primeira cita será este xoves 5 de xaneiro. De 10:00 a 14:00 horas, a Casa da Cultura de Lousame acollerá unha recepción dos Reis Magos, que seguirá o mesmo procedemento dos dous anos anteriores. Así, a veciñanza de Lousame poderá escoller a hora de visita á recepción real de forma gratuíta a través de bandoticket.

Finalmente, o Concello de Lousame recuperará o tradicional Festival de Reis no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, despois de dous anos sen celebrarse por mor das restricións da pandemia sanitaria. Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para todas as persoas participantes. Inscricións de balde en bandoticket.com.